martes, 27 de mayo de 2014

Ránking da tasa de paro

Neste mapa podemos encontrar a tasa de paro do mes de marzo do ano no que nos atopamos. Están presentes 25 países, a maioría de Europa, aínda que tamén hai algún de América. Estes datos pertencen ó Eurostat, a oficina estadística da Comisión Europea, que proporciona esta tasa tanto da propia Unión Europea, como de Estados Unidos e Xapón.

Esta tasa de paro indica a parte da poboación que, tendo idade, condicións e disposión de traballar, carecen dun posto de traballo. Actualmente, esta porcentaxe incrementouse debido á crisis económica na maioría destes países.

En cor violeta escuro están os países con maior tasa de paro, polo contra, os de violeta claro son os que menos teñen. Polo medio, nunha cor media, encontramos os países que contan cunha tasa intermedia.

Encabezando o ranking está España (cunha tasa dun 25,30 %), seguida de Chipre, Croacia e Portugal. No outro lado, péchao Austria con só un 4,90 %.

martes, 20 de mayo de 2014

As nosas palabras favoritas

A continuación vamos a presentar os resultados da enquisa que fixemos por motivo do día das Letras Galegas, que consistía en escribir as nosas palabras favoritas en catro idiomas: castelán, galego, inglés e francés.



Castelán

Como podemos ver na seguinte gráfica e na imaxe da esquerda, a palabra máis votada foi alegría (con 3 votos), seguida de hola e tesoro (as dúas con 2 votos). Todas as demais palabras tiveron 1 voto, coma por exemplo: sueño, luz, familia... 





Galego

Neste idioma, a palabra gañadora foi bolboreta (con 7 votos), seguida dunha palabra moi galega, carallo (5 votos). A terceira foi xoaniña (2 votos), para finalizar, todas as demais palabras tiveron 1 único voto.






Inglés

En inglés, atopámonos con catro palabras empatadas con 2 votos cada unha, no primeiro posto: hello, yes, apple e lovely. As demais palabras tiveron todas 1 voto, por exemplo: friend, sun, fly...





Francés

Neste último idioma, a palabra máis votada por goleada foi amour (5 votos). Todas as demais palabras tiveron 1 voto, como podemos ver na gráfica.

jueves, 8 de mayo de 2014

Os perigos de internet

O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a edición do cómic "Os perigos de internet", unha historia que pretende achegar a través dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que hai para os menores de idade nas novas tecnoloxías e no comportamento que fai que a convivencia normal nos seus fogares varíe e se faga difícil.

Para a miña opinión o cómic é un bo xeito de que os adolescentes nos deamos conta do perigoso que é internet. As ilustracións son normais, non son xeniais, pero tampouco son malas. En cambio, os textos si me parecen moi bos e realistas.

Do mesmo xeito que lle ocorreu ós dous adolescentes do cómic, moitas veces enviamos fotos a xente que realmente non coñecemos, xa que solo falamos con elas a través das redes sociais e de internet. Debemos concienciarnos de que esas fotos poden saír á luz e facerse públicas en calquera momento, polo que non debemos envíar fotos comprometidas nin nada polo estilo. E se o fixemos e estamos en perigo, eu tamén llelo contaría ós meus pais, como fixeron os dous protagonistas, xa que eles me axudarían.



Por outro lado, os pais tamén deberían interesarse máis e instruírse nestas novas tecnoloxías para poder controlar ós seus fillos e asegurarse de que non están en ningunha situación de perigo. As novas tecnoloxías, como os ordenadores non deberían estar no dormitorio dun adolescente, senón no salón, que é un lugar onde os pais poden ver o que os seus fillos fan en internet; como fixeron despois do ocurrido os protagonistas do cómic.

Se queres ler o cómic "Os perigos de internet" pincha aquí e descárgao.

miércoles, 23 de abril de 2014

Energy dependency — oil

Nestes tres mapas podemos ver un ranking da dependencia enerxética de petróleo en Europa durante dez anos (dende o 2001 ata o 2011). O primeiro gráfico corresponde ó ano 2001, o seguinte ó 2009 e o último ó 2011. Podemos comprobar como esta dependencia variou moito nestes anos.

A cor verde nos tres mapas reflexa os países sen datos neste sentido, estes tamén cambiaron durante estas datas. Por outro lado, en cada gráfico a cor máis escura pertence ós países con maior dependencia, en cambio, os máis claros son os países con dependencia negativa, é dicir, que son exportadores de petróleo.

España non variou moito ó longo destes dez anos. Unicamente no ano 2009 baixou a súa dependencia do 98%, ata o 96,7%.

Polo que respecta ós demais países, o ocupante do posto do máis dependente tamén cambiou nestas datas; no 2001 ocupábao Portugal (102,8%), no 2009 Macedonia (106,5%) e no último ano, Letonia (103,2%). No outro extremo, o país con menos dependencia, é dicir, o que máis exportou foi Noruega durante estes tres anos. No ano 2001 tivo unha porcentaxe de -1733,5%, pero ó longo dos anos foi aumentando ata -763,8% do 2011; é dicir, cada vez vende menos petróleo.

Polo xeral, a Unión Europea incrementou a súa dependencia deste recurso natural non renovable durante estes dez anos pasando dun 77,2% ata un 84,9%.

Ano 2001


Ano 2009


Ano 2011


sábado, 19 de abril de 2014

Problemas na seguridade de Internet

Heartbleed foi unha das grandes noticias da semana. Tratouse dun erro na seguridade de Internet que permitiu ós hackers acceder a datos (contrasinais, correos electrónicos, datos bancarios, etc.) de máis de dous tercios das webs de todo o mundo. Isto ensínanos que non nos podemos olvidar de que existen moitos riscos en internet, polo que necesitamos protexernos.



Polo contrario, os usuarios temos pouco que facer para poder arranxar situacións como Heartbleed; quen ten que reaccionar son as compañías. En cambio hai diferentes consellos que debemos seguir todos para que situacións como as desta semana non se produzan a miúdo:
  • Non repetir contrasinais en distintos sitios. Se facemos isto, aínda que unha web sexa atacada, só quedará exposta a información dese servicio, e non a do resto dos servicios que utilicemos con outros contrasinais. 
  • Cambiar os contrasinais cada pouco tempo. Recoméndase facer isto cada tres meses, aínda que se pode aprazar ata seis meses ou un ano.


  • Usar a verificación en dous pasos sempre que sexa posible. Por exemplo Google ofrécenos un sistema de verificación en dous pasos, pola cal cada vez que iniciamos sesión, nos chegará un SMS ó móbil cun código que temos que introducir na web. Así os hackers só poderán acceder á nosa conta se teñen o noso mobil no seu poder.
  • Asegurarnos antes de rexistrarnos nun servizo. Se os sistemas web son grandes serán máis efectivos ante os ataques, polo que non debemos introducir os nosos datos na primeira web que encontremos.
  • Crear contrasinais con distitintos tipos de caracteres e o máis largos posibles.
  • Usar xestores de contraisnais. Ó ter tantos contrasinais e todos difíciles de memorizar, o mellor é utilizar un xestor onde se almacenan, por exemplo, 1Password.



Con estes consellos poderemos manter os nosos datos un pouco máis seguros, o que fará que os danos dun ataque como Heartbleed sexan menos perxudiciais.