miércoles, 23 de abril de 2014

Energy dependency — oil

Nestes tres mapas podemos ver un ranking da dependencia enerxética de petróleo en Europa durante dez anos (dende o 2001 ata o 2011). O primeiro gráfico corresponde ó ano 2001, o seguinte ó 2009 e o último ó 2011. Podemos comprobar como esta dependencia variou moito nestes anos.

A cor verde nos tres mapas reflexa os países sen datos neste sentido, estes tamén cambiaron durante estas datas. Por outro lado, en cada gráfico a cor máis escura pertence ós países con maior dependencia, en cambio, os máis claros son os países con dependencia negativa, é dicir, que son exportadores de petróleo.

España non variou moito ó longo destes dez anos. Unicamente no ano 2009 baixou a súa dependencia do 98%, ata o 96,7%.

Polo que respecta ós demais países, o ocupante do posto do máis dependente tamén cambiou nestas datas; no 2001 ocupábao Portugal (102,8%), no 2009 Macedonia (106,5%) e no último ano, Letonia (103,2%). No outro extremo, o país con menos dependencia, é dicir, o que máis exportou foi Noruega durante estes tres anos. No ano 2001 tivo unha porcentaxe de -1733,5%, pero ó longo dos anos foi aumentando ata -763,8% do 2011; é dicir, cada vez vende menos petróleo.

Polo xeral, a Unión Europea incrementou a súa dependencia deste recurso natural non renovable durante estes dez anos pasando dun 77,2% ata un 84,9%.

Ano 2001


Ano 2009


Ano 2011


No hay comentarios:

Publicar un comentario