Neste mapa podemos encontrar a tasa de paro do mes de marzo do ano no que nos atopamos. Están presentes 25 países, a maioría de Europa, aínda que tamén hai algún de América. Estes datos pertencen ó Eurostat, a oficina estadística da Comisión Europea, que proporciona esta tasa tanto da propia Unión Europea, como de Estados Unidos e Xapón.
Esta tasa de paro indica a parte da poboación que, tendo idade, condicións e disposión de traballar, carecen dun posto de traballo. Actualmente, esta porcentaxe incrementouse debido á crisis económica na maioría destes países.
En cor violeta escuro están os países con maior tasa de paro, polo contra, os de violeta claro son os que menos teñen. Polo medio, nunha cor media, encontramos os países que contan cunha tasa intermedia.
Encabezando o ranking está España (cunha tasa dun 25,30 %), seguida de Chipre, Croacia e Portugal. No outro lado, péchao Austria con só un 4,90 %.
martes, 27 de mayo de 2014
martes, 20 de mayo de 2014
As nosas palabras favoritas
A continuación vamos a presentar os resultados da enquisa que fixemos por motivo do día das Letras Galegas, que consistía en escribir as nosas palabras favoritas en catro idiomas: castelán, galego, inglés e francés.
Castelán
Como podemos ver na seguinte gráfica e na imaxe da esquerda, a palabra máis votada foi alegría (con 3 votos), seguida de hola e tesoro (as dúas con 2 votos). Todas as demais palabras tiveron 1 voto, coma por exemplo: sueño, luz, familia...
Galego
Neste idioma, a palabra gañadora foi bolboreta (con 7 votos), seguida dunha palabra moi galega, carallo (5 votos). A terceira foi xoaniña (2 votos), para finalizar, todas as demais palabras tiveron 1 único voto.
Inglés
En inglés, atopámonos con catro palabras empatadas con 2 votos cada unha, no primeiro posto: hello, yes, apple e lovely. As demais palabras tiveron todas 1 voto, por exemplo: friend, sun, fly...
Francés
Neste último idioma, a palabra máis votada por goleada foi amour (5 votos). Todas as demais palabras tiveron 1 voto, como podemos ver na gráfica.

miércoles, 14 de mayo de 2014
martes, 13 de mayo de 2014
jueves, 8 de mayo de 2014
Os perigos de internet
O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a edición do cómic "Os perigos de internet", unha historia que pretende achegar a través dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que hai para os menores de idade nas novas tecnoloxías e no comportamento que fai que a convivencia normal nos seus fogares varíe e se faga difícil.
Para a miña opinión o cómic é un bo xeito de que os adolescentes nos deamos conta do perigoso que é internet. As ilustracións son normais, non son xeniais, pero tampouco son malas. En cambio, os textos si me parecen moi bos e realistas.
Do mesmo xeito que lle ocorreu ós dous adolescentes do cómic, moitas veces enviamos fotos a xente que realmente non coñecemos, xa que solo falamos con elas a través das redes sociais e de internet. Debemos concienciarnos de que esas fotos poden saír á luz e facerse públicas en calquera momento, polo que non debemos envíar fotos comprometidas nin nada polo estilo. E se o fixemos e estamos en perigo, eu tamén llelo contaría ós meus pais, como fixeron os dous protagonistas, xa que eles me axudarían.
Por outro lado, os pais tamén deberían interesarse máis e instruírse nestas novas tecnoloxías para poder controlar ós seus fillos e asegurarse de que non están en ningunha situación de perigo. As novas tecnoloxías, como os ordenadores non deberían estar no dormitorio dun adolescente, senón no salón, que é un lugar onde os pais poden ver o que os seus fillos fan en internet; como fixeron despois do ocurrido os protagonistas do cómic.
Se queres ler o cómic "Os perigos de internet" pincha aquí e descárgao.

miércoles, 23 de abril de 2014
Energy dependency — oil
Nestes tres mapas podemos ver un ranking da dependencia enerxética de petróleo en Europa durante dez anos (dende o 2001 ata o 2011). O primeiro gráfico corresponde ó ano 2001, o seguinte ó 2009 e o último ó 2011. Podemos comprobar como esta dependencia variou moito nestes anos.
A cor verde nos tres mapas reflexa os países sen datos neste sentido, estes tamén cambiaron durante estas datas. Por outro lado, en cada gráfico a cor máis escura pertence ós países con maior dependencia, en cambio, os máis claros son os países con dependencia negativa, é dicir, que son exportadores de petróleo.
España non variou moito ó longo destes dez anos. Unicamente no ano 2009 baixou a súa dependencia do 98%, ata o 96,7%.
Polo que respecta ós demais países, o ocupante do posto do máis dependente tamén cambiou nestas datas; no 2001 ocupábao Portugal (102,8%), no 2009 Macedonia (106,5%) e no último ano, Letonia (103,2%). No outro extremo, o país con menos dependencia, é dicir, o que máis exportou foi Noruega durante estes tres anos. No ano 2001 tivo unha porcentaxe de -1733,5%, pero ó longo dos anos foi aumentando ata -763,8% do 2011; é dicir, cada vez vende menos petróleo.
Polo xeral, a Unión Europea incrementou a súa dependencia deste recurso natural non renovable durante estes dez anos pasando dun 77,2% ata un 84,9%.
Ano 2001
Ano 2009
Ano 2011

sábado, 19 de abril de 2014
Problemas na seguridade de Internet
Heartbleed foi unha das grandes noticias da semana. Tratouse dun erro na seguridade de Internet que permitiu ós hackers acceder a datos (contrasinais, correos electrónicos, datos bancarios, etc.) de máis de dous tercios das webs de todo o mundo. Isto ensínanos que non nos podemos olvidar de que existen moitos riscos en internet, polo que necesitamos protexernos.
Polo contrario, os usuarios temos pouco que facer para poder arranxar situacións como Heartbleed; quen ten que reaccionar son as compañías. En cambio hai diferentes consellos que debemos seguir todos para que situacións como as desta semana non se produzan a miúdo:
Con estes consellos poderemos manter os nosos datos un pouco máis seguros, o que fará que os danos dun ataque como Heartbleed sexan menos perxudiciais.

- Non repetir contrasinais en distintos sitios. Se facemos isto, aínda que unha web sexa atacada, só quedará exposta a información dese servicio, e non a do resto dos servicios que utilicemos con outros contrasinais.
- Cambiar os contrasinais cada pouco tempo. Recoméndase facer isto cada tres meses, aínda que se pode aprazar ata seis meses ou un ano.
- Usar a verificación en dous pasos sempre que sexa posible. Por exemplo Google ofrécenos un sistema de verificación en dous pasos, pola cal cada vez que iniciamos sesión, nos chegará un SMS ó móbil cun código que temos que introducir na web. Así os hackers só poderán acceder á nosa conta se teñen o noso mobil no seu poder.
- Asegurarnos antes de rexistrarnos nun servizo. Se os sistemas web son grandes serán máis efectivos ante os ataques, polo que non debemos introducir os nosos datos na primeira web que encontremos.
- Crear contrasinais con distitintos tipos de caracteres e o máis largos posibles.
- Usar xestores de contraisnais. Ó ter tantos contrasinais e todos difíciles de memorizar, o mellor é utilizar un xestor onde se almacenan, por exemplo, 1Password.
Con estes consellos poderemos manter os nosos datos un pouco máis seguros, o que fará que os danos dun ataque como Heartbleed sexan menos perxudiciais.
jueves, 10 de abril de 2014
Ranking da felicidade
A ONU publicou no seu World Happiness Report 2013 o Ranking of Happiness do 2010 ó 2012.
Neste mapa podemos ver os 15 países que ocupan os primeiros postos en violeta escuro e os 15 con menos felicidade en violeta claro. O país con máis felicidade é Dinamarca, por outro lado, o que menos ten é Togo.
España ocupa o posto 38 neste ranking, entre Uruguai e a República Checa.

martes, 8 de abril de 2014
Ranking de países pola esperanza de vida
Neste mapa podemos encontrar os 15 países con máis e menos esperanza de vida de todo o mundo segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) no ano 2013.
En cor azul escuro están os países con maior esperanza de vida, polo contrario, os de azul claro son os que menos teñen. Encabezando o ranking está Xapón con 84,6 anos e pechándoo está Serra Leoa con 47,5.
España podémolo encontrar no posto 15 con 82 anos de esperanza de vida.

jueves, 3 de abril de 2014
martes, 1 de abril de 2014
viernes, 7 de marzo de 2014
jueves, 27 de febrero de 2014
miércoles, 19 de febrero de 2014
jueves, 13 de febrero de 2014
jueves, 30 de enero de 2014
martes, 21 de enero de 2014
TrabaGoogle
No ano 1971 o inventor do método holográfico gañou un premio moi importante. Este mesmo premio foille otorgado 50 anos antes a un físico moi coñecido; este científico que faleceu no ano 1955 tivo que abandonar o seu país natal debido ó nazismo. A primeira filla deste físico foi dada en adopción pouco despois do seu nacemento.
¿Quen foi a nai da filla dada en adopción?

viernes, 10 de enero de 2014
1ª avaliación
Ó principio do curso, estivemos traballando con Gmail; aprendemos a marcar os correos con diferentes etiquetas e filtros. Ademais, buscamos o significado dalgunhas viñetas humorísticas sobre TIC.
Máis tarde, cada persoa creamos un blog sobre algunha cousa do noso interés, eu fíxeno sobre a ximnasia rítmica, xa que é un deporte que practico e me gusta moito. Neste blog fomos escribindo diferentes entradas, algunhas unicamente con texto e outras con fotos e vídeos de Youtube.
Mentres, traballamos en difentes actividades relacionadas coas pescudas por Internet entre outras cousas. A parte disto, tamén tivemos que facer algún traballo; por exemplo, un sobre Os Xogos Olímpicos. Este traballo durou varias sesións entre a súa elaboración e a presentación diante dos compañeiros, para min resultou moi interesante, xa que aprendín moitas cousas sobre este acontecemento deportivo que antes non sabía. O outro traballo foi en grupos e estaba dirixido a Deputación de Lugo, entre toda a clase elaboramos unhas rutas turísticas pola nosa provincia.
Tamén traballamos con algúns marcadores sociais na rede, como é Symbaloo e Delicious. Estes marcadores sociais son moi útiles para gardar as páxinas web que máis visitamos en Internet.
Hacia o final da avaliación realizamos outra actividade en Google Calendar, na que organizamos os exames, as horas de estudio e o noso tempo persoal.
O que máis dificil me resultou foi o traballo sobre Os Xogos Olímpicos, xa que había algunhas informacións que eran moi difíciles de encontrar; aínda que, como xa dixen anteriormente, foi moi interesante.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)