Nestes tres mapas podemos ver un ranking da dependencia enerxética de petróleo en Europa durante dez anos (dende o 2001 ata o 2011). O primeiro gráfico corresponde ó ano 2001, o seguinte ó 2009 e o último ó 2011. Podemos comprobar como esta dependencia variou moito nestes anos.
A cor verde nos tres mapas reflexa os países sen datos neste sentido, estes tamén cambiaron durante estas datas. Por outro lado, en cada gráfico a cor máis escura pertence ós países con maior dependencia, en cambio, os máis claros son os países con dependencia negativa, é dicir, que son exportadores de petróleo.
España non variou moito ó longo destes dez anos. Unicamente no ano 2009 baixou a súa dependencia do 98%, ata o 96,7%.
Polo que respecta ós demais países, o ocupante do posto do máis dependente tamén cambiou nestas datas; no 2001 ocupábao Portugal (102,8%), no 2009 Macedonia (106,5%) e no último ano, Letonia (103,2%). No outro extremo, o país con menos dependencia, é dicir, o que máis exportou foi Noruega durante estes tres anos. No ano 2001 tivo unha porcentaxe de -1733,5%, pero ó longo dos anos foi aumentando ata -763,8% do 2011; é dicir, cada vez vende menos petróleo.
Polo xeral, a Unión Europea incrementou a súa dependencia deste recurso natural non renovable durante estes dez anos pasando dun 77,2% ata un 84,9%.
Ano 2001
Ano 2009
Ano 2011
miércoles, 23 de abril de 2014
sábado, 19 de abril de 2014
Problemas na seguridade de Internet
Heartbleed foi unha das grandes noticias da semana. Tratouse dun erro na seguridade de Internet que permitiu ós hackers acceder a datos (contrasinais, correos electrónicos, datos bancarios, etc.) de máis de dous tercios das webs de todo o mundo. Isto ensínanos que non nos podemos olvidar de que existen moitos riscos en internet, polo que necesitamos protexernos.
Polo contrario, os usuarios temos pouco que facer para poder arranxar situacións como Heartbleed; quen ten que reaccionar son as compañías. En cambio hai diferentes consellos que debemos seguir todos para que situacións como as desta semana non se produzan a miúdo:
Con estes consellos poderemos manter os nosos datos un pouco máis seguros, o que fará que os danos dun ataque como Heartbleed sexan menos perxudiciais.

- Non repetir contrasinais en distintos sitios. Se facemos isto, aínda que unha web sexa atacada, só quedará exposta a información dese servicio, e non a do resto dos servicios que utilicemos con outros contrasinais.
- Cambiar os contrasinais cada pouco tempo. Recoméndase facer isto cada tres meses, aínda que se pode aprazar ata seis meses ou un ano.
- Usar a verificación en dous pasos sempre que sexa posible. Por exemplo Google ofrécenos un sistema de verificación en dous pasos, pola cal cada vez que iniciamos sesión, nos chegará un SMS ó móbil cun código que temos que introducir na web. Así os hackers só poderán acceder á nosa conta se teñen o noso mobil no seu poder.
- Asegurarnos antes de rexistrarnos nun servizo. Se os sistemas web son grandes serán máis efectivos ante os ataques, polo que non debemos introducir os nosos datos na primeira web que encontremos.
- Crear contrasinais con distitintos tipos de caracteres e o máis largos posibles.
- Usar xestores de contraisnais. Ó ter tantos contrasinais e todos difíciles de memorizar, o mellor é utilizar un xestor onde se almacenan, por exemplo, 1Password.
Con estes consellos poderemos manter os nosos datos un pouco máis seguros, o que fará que os danos dun ataque como Heartbleed sexan menos perxudiciais.
jueves, 10 de abril de 2014
Ranking da felicidade
A ONU publicou no seu World Happiness Report 2013 o Ranking of Happiness do 2010 ó 2012.
Neste mapa podemos ver os 15 países que ocupan os primeiros postos en violeta escuro e os 15 con menos felicidade en violeta claro. O país con máis felicidade é Dinamarca, por outro lado, o que menos ten é Togo.
España ocupa o posto 38 neste ranking, entre Uruguai e a República Checa.

martes, 8 de abril de 2014
Ranking de países pola esperanza de vida
Neste mapa podemos encontrar os 15 países con máis e menos esperanza de vida de todo o mundo segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) no ano 2013.
En cor azul escuro están os países con maior esperanza de vida, polo contrario, os de azul claro son os que menos teñen. Encabezando o ranking está Xapón con 84,6 anos e pechándoo está Serra Leoa con 47,5.
España podémolo encontrar no posto 15 con 82 anos de esperanza de vida.

jueves, 3 de abril de 2014
martes, 1 de abril de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)